DOA

Wikimedia España é unha asociación sen ánimo de lucro. Mantémonos grazas ás doazóns de persoas e organizacións que fan pequenas ou grandes achegas para protexer o coñecemento libre.

No ano 2021, a nosa asociación foi declarada entidade de utilidade pública (*), polo que poderías deducir as túas doazóns a Wikimedia España na túa próxima declaración da renda.

  • Os certificados de doazón envíanse ao ano seguinte ao que se realizou a doazón.
  • Se a finais de marzo non recibiches o teu certificado, por favor envía un correo a secretaria@wikimedia.es co teu nome e apelidos completos, DNI con letra, a túa provincia e adxuntando o xustificante da transferencia da doazón.
  • Só poderán beneficiarse da dedución as persoas que tributan en España.
  • Para que a túa doazón sexa efectiva e poidas deducila en Facenda, deberás incluír o teu nome e apelidos completos, DNI con letra e a túa provincia no concepto da transferencia que realices.
  • Importante: Asegúrate de que a túa doazón se realizou a Wikimedia España e non á Fundación Wikimedia (Wikimedia Foundation). As doazóns realizadas a esta última non poderán ser deducidas ao tratarse dunha entidade situada nos Estados Unidos.

Podes doar utilizando calquera dos seguintes medios.

Transferencia bancaria

Á nosa conta en Tríodos Bank:

Titular: Wikimedia España

IBAN: ES44 1491 0001 2620 4562 0719

BIC/SWIFT: TRIOESMMXXX

PayPal

Fai un donativo puntual ou recorrente desde PayPal.

(*) As entidades beneficiarias do mecenado permiten que aquelas persoas que as financien a través de determinados conceptos poidan deducir na declaración da renda unha porcentaxe variable en función de certos criterios.

  • Doazóns en diñeiro. A base da dedución está constituída polo importe da doazón.
  • Cotas de afiliación que non impliquen o dereito a recibir unha prestación presente ou futura. A base da dedución está constituída polo importe das cotas.

Wikimedia España, como entidade declarada de utilidade pública, é unha destas beneficiarias do mecenado e os conceptos deducibles, desde o pasado 10 de xaneiro de 2024, cando se convalidou o RD Lei 6/2023 do 19 de decembro, polo que se modifican diversos artigos da Lei 49/2002 do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, a aplicar a partir do 1 de xaneiro de 2024.

As porcentaxes de dedución son:

  • Base de dedución ata 250 euros: 80 %
  • Resto da base de dedución (que exceda os 250 euros): 40 %
  • Tipo incrementado por reiteración de doazóns á mesma entidade: 45 %
Facebook
Twitter
YouTube
LinkedIn
Instagram