TRANSPARENCIA
Nesta páxina podes atopar diferente documentación que te axudará a coñecer máis sobre o funcionamento de Wikimedia España.
Estatutos
Os estatutos da asociación, cuxa última reforma se aprobou na asemblea extraordinaria celebrada o 13 de novembro de 2022 en Almería, regulan os aspectos máis importantes do funcionamento interno de Wikimedia España.
Balance
Financiámonos grazas ás achegas das persoas socias, a doazóns feitas por particulares e á subvención da Fundación Wikimedia. Todo isto permite a execución das distintas actividades e proxectos, así como costear distintos gastos administrativos, salarios do cadro de persoal ou os servidores onde aloxamos os nosos servizos web. A continuación, podes consultar a nosa memoria económica.
Memoria de actividades
Se queres coñecer as actividades e proxectos que levamos a cabo nos últimos anos, así como outra información de interese sobre o noso traballo, aquí podes acceder ás últimas memorias anuais de actividades:
Código de conduta
Queremos que todos os nosos eventos, actividades e canles de comunicación sexan accesibles, seguros e acolledores para todos. Estamos traballando nun código de conduta cuxo fin sexa garantir un ambiente de traballo seguro e agradable. Mentres tanto, aplicamos o Código de Conduta Universal, vixente para todo o Movimiento Wikimedia
Plans estratéxicos
En liña coa estratexia 2030 do movemento Wikimedia, desde 2019 desenvolvemos plans estratéxicos a varios anos que definen as metas e os ámbitos de actuación da nosa asociación. A continuación podes consultar o plan vixente dende 2022.