proxectos wikimedia

Traballamos con 14 proxectos colaborativos de coñecemento libre, sendo o máis coñecido Wikipedia. Todas as personas poden achegar a cada un destes proxectos.

Saber máis

Unha enciclopedia colaborativa escrita en máis de 300 idiomas por persoas voluntarias de todo o mundo.

Saber máis

O repositorio central de datos estruturados para os proxectos Wikimedia. Estruturar datos nun formato lexible facilita a visualización, busca, edición, uso e reutilización de datos e arquivos.

Saber máis

O repositorio multimedia libre máis grande do mundo, para consultar e descargar.  Con coleccións de ilustracións, fotografías, debuxos, vídeos, música, infografías e moito máis.

Saber máis

Unha biblioteca dixital con libros, textos e documentos históricos libres de dereitos ou en dominio público. Inclúe poesía, documentos gobernamentais, as constitucións de moitos Estados e literatura xeral.

Saber máis

Unha colección de citas de personaxes relevantes e traballos creativos en máis de 75 idiomas. Inclúe proverbios, refráns, declaracións, slogans, citas de libros, filmes e grandes frases de persoas recoñecidas.

Saber máis

Unha alternativa libre ás páxinas de noticias en liña, con artigos cuxos datos foron verificados e revisados pola comunidade

Saber máis

Un dicionario multilingüe libre, dispoñible en máis de 170 idiomas. Inclúe palabras descatalogadas por outros dicionarios como o da RAG e varios recursos lingüísticos.

Saber máis

Unha colección libre e gratuíta de libros electrónicos, incluíndo libros de texto, guías de instrucións, manuais ou recetarios de cociña.

Saber máis

Unha plataforma de viaxes cuxo obxectivo é crear a guía de viaxes máis completa e actualizada do mundo. Completamente libre e gratuíta. Con percorridos e recomendacións das persoas que a len e escriben.

Saber máis

Unha base de datos taxonómica de especies, na cal se recollen desde fósiles a seres viventes dos reinos Animalia, Plantae, Fungi, Bacteria, Archaea, Protista e outras formas de vida.

Saber máis

Un centro dixital de recursos, investigación e proxectos educativos. Para todos os niveis, tipos e estilos de educación formal e informal.

Saber máis

Catálogo de funcións que ten como obxectivo permitir a creación, modificación e reutilización de código fonte.

Saber máis

Software libre e aberto que calquera pode utilizar, cunha gran comunidade de desenvolvemento tecnolóxico detrás. É a ferramenta coa que se constrúen os proxectos Wikimedia.

Saber máis

Un proxecto central para a coordinación da comunidade e a organización de tarefas no ecosistema Wikimedia.

Facebook
Twitter
YouTube
LinkedIn
Instagram