PROGRAMAS

Comunidade

Céntrase en establecer e fortalecer lazos tanto con persoas coma con institucións, así como, fomentar relaciones sas e produtivas entre as persoas que forman parte do movemento Wikimedia. É esencial aumentar a sostibilidade promovendo a inclusión, diversidade e igualdade do noso ecosistema.

Contido

Ten como obxectivo o mellorar e ampliar os contidos nos proxectos Wikimedia, arredor dunhas determinadas áreas temáticas. Entendemos a calidade e diversidade de contidos como un servizo á comunidade. Traballamos de forma transversal e prioritaria a diversidade lingüística de España e a fenda de xénero.

Comunicación

Orientada a xerar conciencia sobre o movemento Wikimedia. Axuda ás nosas diferentes audiencias a entender como traballamos desde Wikimedia España, e por que o coñecemento libre é importante. Buscamos posicionar a asociación como o axente de referencia en España en canto aos proxectos Wikimedia, e á vez establecer procesos e producir contidos que manteñan ás persoas asociadas e ao noso público obxectivo informadas sobre o noso traballo, o seu impacto e como poden tomar un rol activo dentro do movemento.

Xestión interna

Buscamos mellorar a nosa transparencia e implicación para lograr unha asociación sostible que promove a transferencia do coñecemento. Nos últimos anos traballamos nunha reforma de Estatutos, na reestruturación e creación dun novo regulamento de réxime interno, e promoveuse o acceso e uso da documentación, e os seus procesos.

Facebook
Twitter
YouTube
LinkedIn
Instagram
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.