CULTURA

Somos unha asociación sen ánimo de lucro que promove o coñecemento libre e os proxectos Wikimedia, sendo Wikipedia o máis coñecido. Constituímonos en 2011 e dende entón traballamos para mellorar a accesibilidade, o uso e a participación na enciclopedia libre e os seus proxectos irmáns, tanto a nivel social coma institucional. Como asociación, contamos cuns valores, unha misión e unha visión que nos definen:

Misión

Promovemos a organización, difusión e mellora de iniciativas que apoien o acceso, modificación e redistribución do coñecemento libre. Proporcionamos ferramentas e recursos para que todas as persoas, colectivos e institucións poidan participar na creación, recompilación e difusión de contido multilingüe, diverso e de calidade nos proxectos Wikimedia.

Visión

Queremos un mundo en que todas as persoas poidan acceder a todo o coñecemento, producilo e compartilo no seu propio idioma, de forma libre e gratuíta.

Valores

Entendemos os valores como o conxunto de crenzas e normas que orientan e regulan o comportamento e a vida desta organización, e que constitúen o soporte da visión, a misión, a estratexia e os obxectivos estratéxicos. Estes son os seguintes:

  • Diversidade
  • Transparencia
  • Dinamismo
  • Accesibilidade
  • Comunidade
  • Independencia
Facebook
Twitter
YouTube
LinkedIn
Instagram
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.