ES UNHA INSTITUCIÓN?
Wikimedia España trabaja de la mano con diferentes instituciones a nivel nacional e internacional, principalmente en el ámbito cultural y educativo. Su objetivo es desarrollar acciones y proyectos en conjunto que faciliten la creación, mejora y ampliación de contenido, y la difusión del conocimiento libre.
Cada institución posee y produce contenidos de todo tipo, como culturales, educativos, científicos, sociales, etc. que para el movimiento Wikimedia suponen un importante recurso para promover su accesibilidad, bajo licencia libre, en los proyectos Wikimedia.
Como podes colaborar dende a túa institución?
- Pon a disposición contidos (textos, imaxes, bases de datos, documentos…) na túa páxina web baixo unha licenza libre compatible para que poidan ser reutilizados nos proxectos Wikimedia, en calquera idioma.
- Organiza cursos, obradoiros ou xornadas de edición que permitan capacitar o persoal ou o público, sobre o coñecemento libre e os proxectos Wikimedia. Serven ademais para xerar contido, por exemplo, sobre as coleccións da institución a partir dunha bibliografía de calidade.
Dixitaliza obras ou acervo cultural da túa institución, para que estea á disposición do público e poida usarse e divulgarse a través de Wikimedia.
- Organiza pases privados para wikimedistas da túa zona, para que non só coñezan os distintos espazos da túa institución, abertos ou pechados ao público, senón que tamén entren en contacto cos profesionais da institución, compartan información e creen lazos entre ambas as comunidades.
- Acolle unha persoa que desempeñe labores de wikimedista en residencia, traballando estreitamente cos profesionais da institución durante un tempo determinado. O obxectivo será crear pontes entre a comunidade Wikimedia e a institución, a través do traballo diario e da organización de iniciativas e actividades.
Se desexas maior información e consultar sobre nós, escribe a proyectos@wikimedia.es
MÁIS INFORMACIÓN:
