POLÍTICA DE PRIVACIDADE DE DATOS

WIKIMEDIA ESPAÑA, na súa condición de responsable do tratamento de datos, pon á túa disposición a través da páxina web https://wikimedia.es/ a presente política de protección de datos coa finalidade de informarte, de maneira detallada, sobre como tratamos os teus datos persoais e protexemos a túa privacidade e a información que nos proporcionas ao interactuar con esta web. No caso de introducir modificacións no futuro sobre esta política, comunicarémoscho a través da páxina web ou por outros medios, de xeito que poidas coñecer as novas condicións de privacidade introducidas.

En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679, Xeral de Protección de Datos, e da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, informámoste do seguinte:

    1. Quen é o responsable do tratamento dos teus datos?

    WIKIMEDIA ESPAÑA, con CIF G-10413698, con domicilio na rúa Vega Sicilia nº 2, 47008, Valladolid (España) e dirección de correo electrónico secretaria@wikimedia.es.

    2. Que información recollemos e con que finalidade?

    Desde WIKIMEDIA ESPAÑA tratamos a información persoal que a persoa usuaria nos proporciona directamente.

    En xeral, trataremos datos identificativos (como nome, apelidos, DNI, data de nacemento, nacionalidade, enderezo postal, teléfono, correo electrónico, etc.).

    A persoa usuaria garante a autenticidade, exactitude e veracidade de toda a información que nos facilite, comprometéndose a manter actualizados os datos de carácter persoal de forma que estes respondan, en todo momento, á súa situación real. A persoa usuaria será a única responsable das manifestacións falsas ou inexactas e dos prexuízos que estas puidesen causar.

    Os datos que nos facilites poderán ser utilizados para unha ou varias das finalidades que indicamos a continuación, determinadas por factores como a túa relación con WIKIMEDIA ESPAÑA ou polo medio empregado para a remisión dos datos. A continuación, expóñense os tratamentos aos que fai referencia a presente política, sen prexuízo de que poidan existir outros para os que se che informe ou se che solicite a oportuna autorización:

    1. Cumprimento de obrigas legais

    Pode resultar necesario tratar os datos persoais coa finalidade de cumprir cos requirimentos legais que correspondan. En concreto, para cumprir coa lexislación en materia de protección de datos, tributaria, estatística, de asociacións, de seguros, lexislación de protección do menor, etc.

    1. Desenvolvemento das nosas actividades

    Os datos persoais da persoa asociada son tratados coa finalidade de xestionar a nosa relación e cumprir coas nosas obrigas legais.

    1. Comunicación-contacto

    Os datos que nos envíes por correo electrónico, aplicacións de mensaxería instantánea ou para realizar unha reclamación, empregámolos para responder á solicitude formulada.

    1. Envío de comunicacións comerciais por calquera vía en caso de consentimento adicional

    Se consentes expresamente, os teus datos poderán ser utilizados coa finalidade de informarte por calquera medio, con fins promocionais, sobre os servizos, xornadas ou eventos organizados ou nos que participe WIKIMEDIA ESPAÑA.

    3. Como obtemos os teus datos persoais?

    Recollémola túa información persoal a través de diferentes medios, fundamentalmente a través da nosa páxina web, pero sempre serás informada no momento da recollida mediante cláusulas informativas sobre a persoa responsable do tratamento, a finalidade, así como a forma na que podes exercer os dereitos que che asisten en materia de protección de datos e onde atopar a información adicional sobre o tratamento dos teus datos.

    4. Durante canto tempo conservaremos os teus datos?

    Só conservamos a túa información durante o período de tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que foi recollida, dar cumprimento ás obrigas legais que nos son impostas e atender ás posibles responsabilidades que poidan derivarse do cumprimento da finalidade pola que os datos foron recollidos. Os teus datos persoais conservaranse durante a vixencia da relación xurídica e, posteriormente, sempre que non exerceses o teu dereito de supresión, serán conservados tendo en conta os prazos legais que resulten de aplicación en cada caso concreto, considerando a tipoloxía dos datos, así como a finalidade do tratamento.

    No caso de que exerzas o dereito de supresión e este sexa procedente, en cumprimento do artigo 32 da LOPDGDD, procederemos ao seu bloqueo, estando dispoñibles unicamente a solicitude dos Xulgados e Tribunais, do Valedor do Pobo, do Ministerio Fiscal ou das Administracións Públicas competentes durante o prazo de prescrición das accións que puidesen derivarse e, transcorrido este, procederase á súa eliminación completa.

    Tratamos os teus datos de maneira lícita, leal, transparente, adecuada, pertinente, limitada, exacta e actualizada. Por iso comprometémonos a adoptar todas as medidas razoables para que estes se supriman ou rectifiquen sen dilación cando sexan inexactos.

    5. Cal é a lexitimación para o tratamento dos teus datos?

    Dependendo da relación que manteñamos e, por tanto, da finalidade do tratamento, a base xurídica pode ser diferente. A continuación, expóñense as distintas bases aplicables en función do tratamento realizado:

    • Relación asociativa: Para a xestión da nosa asociación de conformidade cos nosos Estatutos e demais normativa aplicable.
    • Interese lexítimo: Entre outras, para a realización de perfís, enquisas de calidade ou opinión, mantemento da web, ou para contactar contigo e manter relacións profesionais nos termos do artigo 19 da LOPDGDD.
    • Obrigación legal: Para o cumprimento das obrigas establecidas en calquera outra normativa aplicable.
    • Consentimento: Cando nos facilitas os teus datos a través dos formularios de contacto, autorización para a publicación de imaxes ou para o envío de noticias relacionadas coa nosa actividade.

    Debes saber que, naqueles tratamentos nos que se solicite o consentimento, a súa non concesión ou retirada posterior non terá consecuencias negativas para ti.

    No caso de que se subministren datos de terceiros, por exemplo, de menores de idade, declaras contar co consentimento dos titulares dos mesmos para a citada comunicación de datos ou, se é o caso, ostentar a súa representación legal, eximindo de toda responsabilidade a WIKIMEDIA ESPAÑA.

    6. Que tipos de datos tratamos?

    As categorías de datos que tratamos son:

    • Contacto: datos identificativos (nome, apelidos, correo electrónico, teléfono).
    • Prestación de servizos: datos identificativos, imaxe, datos de características persoais, datos de información comercial, datos económicos, financeiros e de seguros, datos de transaccións de bens e servizos.
    • Comunicacións comerciais: datos identificativos (correo electrónico e teléfono).
    7. A que entidades destinatarias se comunicarán os teus datos?

    En función das actividades da nosa asociación, os teus datos persoais poderán ser comunicados a terceiras entidades, sendo dita comunicación necesaria para o adecuado cumprimento das obrigas legais e/ou contractuais. Estas entidades provedoras non tratarán os teus datos para finalidades propias que non fosen previamente informadas por WIKIMEDIA ESPAÑA.

    Nos casos en que, para unha mellor xestión e prestación dos servizos, se produza un acceso a datos por conta de terceiras entidades, WIKIMEDIA ESPAÑA garante o mantemento da confidencialidade no tratamento dos datos de carácter persoal. En todo caso, estas cesións serán convenientemente advertidas á persoa usuaria, detallando a identidade da entidade cesionaria e a finalidade da mesma.

    Os teus datos poderán ser cedidos a:

    • Telegram®
    • Meta (Instagram©)
    • Entidades financeiras
    • Asesoría laboral, contable e fiscal
    • Consultoría en protección de datos
    • Entidade encargada da xestión en materia de riscos laborais
    • Compañías de seguros
    • Avogados e procuradores
    • Notarios
    8. Cales son os teus dereitos cando nos facilitas os teus datos?

    Dereito

    Contido

    Canles de atención

    Acceso

    Tes dereito a obter confirmación sobre se WIKIMEDIA ESPAÑA está a tratar os teus datos persoais.

    secretaria@wikimedia.es
    R/ Vega Sicilia nº 2, 47008, Valladolid (España)

    Rectificación

    Poderás modificar os teus datos cando sexan inexactos.

    Supresión

    Poderás solicitar a supresión dos teus datos.

    Oposición

    Poderás solicitar que se deixen de tratar os teus datos.

    Limitación do tratamento

    Poderás solicitar a limitación do tratamento dos teus datos cando:
    – Se comprobe a impugnación da exactitude dos teus datos.
    – O tratamento sexa ilícito e te opoñas á súa supresión.
    WIKIMEDIA ESPAÑA non necesite tratar os teus datos, pero ti os necesites para o exercicio ou defensa de reclamacións.
    – Te opoñas ao tratamento para a satisfacción dun interese lexítimo de WIKIMEDIA ESPAÑA, mentres se verifica se este prevalece sobre os teus dereitos e liberdades.

    Portabilidade

    Poderás recibir, en formato electrónico, os datos persoais que nos facilitases e aqueles obtidos da túa relación contractual con WIKIMEDIA ESPAÑA, así como solicitar a súa transmisión a outra entidade.

    Tamén tes dereito a retirar o consentimento en calquera momento. A retirada do consentimento non afectará á licitude dos tratamentos baseados no consentimento previo á súa retirada.

    O prazo máximo para resolver a túa solicitude é dun mes desde a súa recepción, podendo ser prorrogado por dous meses máis en función do número ou complexidade das solicitudes.

    Se consideras que a túa solicitude non foi correctamente atendida, podes dirixirte á Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es) e presentar unha reclamación.

    Para exercitar os teus dereitos, acompaña a túa solicitude cunha copia do DNI, NIE, pasaporte ou outro documento acreditativo da túa identidade.

    O exercicio destes dereitos é gratuito.

     

    Estes dereitos caracterízanse por:

    • O seu exercicio é gratuito, salvo que se trate de solicitudes manifestamente infundadas ou excesivas (por exemplo, de carácter repetitivo), caso no que WIKIMEDIA ESPAÑA poderá cobrar un canon proporcional aos custos administrativos ou negarse a actuar.
    • Podes exercelos directamente ou a través do teu representante legal ou voluntario.
    • Debemos responder no prazo dun mes, prorrogable por outros dous meses en función da complexidade ou número de solicitudes.
    • Temos a obriga de informarte sobre os medios para exercelos, que deben ser accesibles e non se pode denegar o exercicio por escoller un medio distinto.
    • Se a solicitude se presenta por medios electrónicos, a resposta facilitarase por esa mesma vía, salvo que solicites outra.

    Se WIKIMEDIA ESPAÑA non dá curso á túa solicitude, informarate no prazo dun mes das razóns e da posibilidade de reclamar ante unha autoridade de control.

    Formulario exercicio do dereito de acceso 

    Formulario de exercicio do dereito rectificación 

    Formulario de exercicio do dereito de oposición 

    Formulario  de exercicio do dereito de supresión (dereito ao esquecemento)

    Formulario de exercicio do dereito á limitación do tratamento

    Formulario de exercicio do dereito á portabilidade 

    Formulario  de exercicio do dereito a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas

     

    9. Como protexemos a túa información?

    En WIKIMEDIA ESPAÑA comprometémonos a protexer a túa información persoal. Utilizamos medidas, controis e procedementos de carácter físico, organizativo e tecnolóxico, razoablemente fiables e efectivos, orientados a preservar a integridade e a seguridade dos teus datos e garantir a túa privacidade.

    Ademais, todo o persoal con acceso aos datos persoais foi formado e ten coñecemento das súas obrigas en relación co tratamento dos teus datos persoais.

    Todas estas medidas de seguridade son revisadas de forma periódica para garantir a súa adecuación e efectividade.

    Con todo, a seguridade absoluta non se pode garantir e non existe ningún sistema de seguridade que sexa totalmente impenetrable. Por iso, no caso de que calquera información obxecto de tratamento e baixo o noso control se vise comprometida como consecuencia dunha brecha de seguridade, tomaremos as medidas adecuadas para investigar o incidente, notificalo á Autoridade de Control e, se é o caso, ás persoas usuarias que puidesen verse afectadas para que poidan tomar as medidas oportunas.

    10. Comunicacións comerciais por medios electrónicos

    WIKIMEDIA ESPAÑA infórmate de que cumpre coa Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, e non realiza prácticas de SPAM. Por este motivo, solicitarase o teu consentimento para o tratamento do teu correo electrónico ou número de teléfono móbil con fins comerciais en cada momento.

    11. Actualización da política de privacidade

    WIKIMEDIA ESPAÑA resérvase o dereito de modificar a súa política de privacidade ou as condicións de uso dos seus servizos por motivos de adaptación á lexislación vixente ou por outras razóns. Cando isto ocorra, informarémoste de calquera cambio e pedirémosche que volvas ler a versión máis recente da nosa política e, se é o caso, que confirmes a túa aceptación.

    Garántese a absoluta confidencialidade e privacidade dos datos persoais recollidos, e por iso adoptáronse medidas de seguridade co fin de evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, garantindo así a súa integridade, dispoñibilidade e seguridade.

    Con todo, WIKIMEDIA ESPAÑA non será responsable das incidencias que poidan xurdir en torno aos datos persoais cando estas se deriven dun ataque ou acceso non autorizado aos sistemas, de tal forma que resulte imposible detectalo ou impedilo, aínda adoptando as medidas segundo o estado da tecnoloxía actual.

     

    Última actualización: 12 de maio de 2025

      Facebook
      Twitter
      YouTube
      LinkedIn
      Instagram
      Privacy Overview

      This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.