Que significa asociarse a Wikimedia España?

É unirse a unha comunidade que cre no poder do coñecemento libre e contribúe á súa construción. Ao asociarte, terás a oportunidade de contribuír ao acceso libre á información e formar parte activa na expansión de proxectos como a Wikipedia, Wikidata ou Wikimedia Commons, acadando un impacto real!

Obterás:

Recursos e apoio

Poderás acceder a recursos, materiais e apoio técnico e económico para levar a cabo actividades relacionadas cos proxectos de Wikimedia. Se tes unha idea ou proxecto, axudámoste a facelo realidade!

Formacións continuas

Terás acceso a obradoiros, conferencias e eventos onde poderás aprender máis sobre como contribuír aos proxectos Wikimedia e mellorar as túas habilidades. Todo co apoio de persoas expertas e dunha comunidade disposta a compartir.

Eventos nacionais e internacionais

A comunidade Wikimedia é global. Anualmente desenvólvense eventos a nivel nacional e internacional, como os encontros Wikimania, WikidataCon, entre outros. E poderás optar a bolsas para participar neles. Terás a posibilidade de crear novos contactos e enriquecer a túa carreira profesional.

Proxectos e grupos de traballo

Se che apaixoa algún tema, podes unirte a proxectos xa en marcha, como concursos fotográficos, 1lib1ref, encontros de edición, obradoiros ou actividades de patrimonio cultural. Ademais, poderás propoñer os teus propios proxectos e contar co apoio da Asociación para levalos a cabo.

Rede de contactos e comunidade

Estar en Wikimedia España conéctate cunha comunidade activa de persoas con intereses comúns. É unha excelente oportunidade para compartir experiencias, aprender e colaborar en proxectos das persoas socias de WMES e doutras partes do mundo.

Influencia no rumbo de Wikimedia España

Poderás participar en decisións importantes sobre o futuro da asociación, desde colaborar no deseño das estratexias ata participar nas asembleas e formar parte da Xunta Directiva

Únete a Wikimedia España e forma parte desta gran comunidade!

Non importa se tes experiencia ou se acabas de comezar no mundo dos proxectos Wikimedia, en Wikimedia España todas as persoas temos moito que achegar. Así, poderemos expandir o coñecemento libre e asegurarnos de que o acceso á información significativa sexa un dereito global.

Se imaxinas un mundo onde cada persoa poida ter acceso a todo o coñecemento humano e sexa protagonista da súa construción… ¡Agardámoste!

No seguinte vídeo contámoscho mellor:

Deberás: Coñecer e cumprir cos estatutos da nosa asociación e unhas normas de convivencia derivadas do descrito no Código Universal de Conduta e na Política de Espazos Amigables.

Facebook
Twitter
YouTube
LinkedIn
Instagram